luns, 8 de xaneiro de 2018


FELIZ ANO NOVO A TOD@S.
Este anno seguímonos reunindo, mamás, papás e asesoras de lactancia na Casa da Bola. Se necesitades axuda, apoio ou simplemente compartir as vosas inquietudes/experiencias acerca da lactancia materna ou a vosa maternidade/paternidade aquí estamos para o que necesitedes. O calendario de reunións de Xaneiro é o seguinte. Esperámosvos!!!


martes, 14 de novembro de 2017

POR MOR DOS FESTIVOS DO MES DE DECEMBRO, CAMBIAMOS A REUNIÓN DO SEGUNDO VENRES DO MES, POLO TERCEIRO. O RESTO COMA SEMPRE.
LEMBRADE, VÉMONOS O SEGUNDO E ÚLTIMO VENRES DE CADA MES NA CASA DA BOLA, AGÁS DECEMBRO QUE SERÁ O TERCEIRO E ÚLTIMO VENRES.


xoves, 10 de agosto de 2017

Este mes non haberá reunións na Casa da Bola. Seguimos estando dispoñibles no Facebook, correo electrónico e nos teléfonos de contacto. Moitas grazas, vémonos en setembro.

martes, 4 de abril de 2017

Calendario abril 2017

O segundo venres deste mes non haberá reunión por mor da Semana Santa, desculpen as molestias.


martes, 28 de febreiro de 2017

Calendario Marzo 2017


Obradoiro sobre alimentación complementaria e Baby Led Weaning.


Dende a asociación Chuchamel e Teta Meiga, queremos convidarvos ó obradoiro sobre alimentación complementaria e Baby Led Weaning, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Cangas o venres día tres de marzo ás 17:00h. Asistencia libre e gratuita