FAQ Chuchamel

¿QUE É CHUCHAMEL?
A súa labor é asistir, asesorar e informar a mulleres e familias en temas de lactación materna e tamén de crianza.
¿Por qué é tan importante a lactación materna?
O leite materno é o mellor alimento para o meniño e adaptase ás súas necesidades ó longo do seu crecemento.
Ademais de proporcionar a mellor nutrición tamén ofrece protección contra moitas enfermidades tanto ós fillos (diabete infantil, obesidade, pneumonía, asma, diarrea, alerxias,…) como ás nais (osteoporose, cancro de mama e ovario, reduce o risco de hemorraxia e depresión post-parto, axuda a recuperar a forma,…)
¿Sabías que o leite materno varía a súa composición incluso nunha mesma toma? No primeiro é máis acuosa para saciar a sede, moi rica en lactosa e hidratos de carbono e cara o final máis graxa.
¿Qué fai Chuchamel?
A nosa labor social basease no acompañamento a nais e familias do Morrazo que precisan de información ou apoio na lactación materna, e actuamos en tres frontes:
  • Apoio a domicilio, a mamás de recen nacidos con dúbidas ou problemas coa lactación, sen custo e para todas as mamás que o precisen, sexan socias ou non.
  • Reunións regulares na Casa da Bola , que se celebran o segundo e derradeiro venres de cada mes. Calquera persoa que precise informarse sobre estes temas pode acudir ás nosas reunións, non é preciso asociarse.
  • Actividades, talleres e cursos, nos que o eixo é a lactación e a crianza.
¿Ónde atoparnos?
Casa da Bola, en Cangas, local cedido polo Concello de Cangas, onde nos reunimos o segundo e derradeiro venres de cada mes a partires das 18h.
Teléfono: 675055157
Correo electrónico: asociacionlactanciachuchamel@gmail.com.
Mantemos unha páxina en Facebook https://www.facebook.com/chuchamel.
¿Cómo colaborar coa asociación?
Difundindo a nosa labor, axudando a realizar actividades, etc.
Quen o desexe pode asociarse (12 euros anuais) ou facer unha doazón, indicando o concepto “cota de socio”  ou “doazón” e o nome completo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario