luns, 18 de xaneiro de 2016

Contacontos: “Kakún, el árbol de la montaña”

Contacontos: "Kakún, el árbol de la montaña"
A cargo de Aroa Vekohuki Flowers
Sábado 30 de xaneiro ás 17 h.
Lugar: Casa da Bola - Segundo andar
Entrada de balde, requírese inscripción previa.

O 30 de xaneiro celébrase o Día mundial da Paz. Dende Chuchamel cremos que a paz comeza no ventre materno. A partir do momento máxico no que concibir unha nova vida, é coller o testemuño para garantir un futuro de Paz.
Está nas nosas mans criar con consciencia e responsabilidade, porque sabemos que soamente coa educación podemos construír unha sociedade mellor; educando na paz, e pacificamente.
Unha das milleiras ferramentas das que dispoñemos son os libros e os contos, transpórtannos a mundos de fantasía, a realidades, dannos información e ensínannos; abre a nosa mente e a nosa visión ante outras culturas, dannos ferramentas para aprender a opinar por nós mesmos e aprendermos a respectar e a valorar cada unha das persoas, dos animais, das plantas e das árbores. Capacítanos para tratar igual ao diferente, para namorarnos doutras culturas en lugar de cuestionalas, para comprender e aceptarmos a todos e todas e a cada un de nós.
É esta unha das razóns polas que cremos que transmitir a paixón pola lectura ós nosos nenos é un acto de paz. Por isto é que cremos que a mellor forma de celebrar este 30 de xaneiro é cun conto. Para abrir boca déixovos un pequeno resumo da obra escrita pola súa autora:

“Kakún, el árbol de la montaña”:

Este cuento habla de Kakún, un Árbol que vive en un lugar alejado y remoto, donde es muy difícil acercarse a él. Él no lo sabe, simplemente nació allí.
Un día, como en todos los cuentos, ocurre algo que cambiará la manera de ver el mundo de Kakún.
Lo primero que ocurrirá es que se dará cuenta de su situación…

Kakún podría ser yo o cualquiera. Es, quizá, esa pequeña y gran parte de mí que busca la Paz por dentro y por fuera. Esa sensación de poder ver el mundo, la vida tal cual es, sin ningún obstáculo para poder apreciar la belleza:

De la paz que provoca la alegría de estar viva,
de la paz que provoca el saber, que siempre tenemos a mano la ayuda requerida.
De la paz que nace de un corazón contento y
De la paz que siento cuando escucho mi aliento.
De la paz que me transmiten los árboles y la naturaleza,
de la paz que nace cuando ya no me aferro a ninguna certeza.
De la Paz cuando me siento en Paz y pienso
que todo el mundo también estará sintiendo eso.

¡Qué momento más pacífico puede existir que el de contar un cuento!
Esos momentos de ternura compartida, de ilusión, de emociones, de atención, de observar las caritas de las personas grandes o menudas que lo escuchan….ese momento donde todos somos UNO felices de compartir.

¡Viva la Paz!

Aroa Vekohuki Flowers

venres, 15 de xaneiro de 2016

Claves para un parto respetuoso


Para o mes vindeiro temos programada unha reunión conxunta con "El Parto es Nuestro", asociación que traballa para mellorar as condicións de atención a nais e fillos durante o embarazo, parto e posparto en España.
Data: Venres 12 de febreiro
Hora: 17:30 h.
Lugar: Auditorio Municipal de Cangas.
Entrada: libre, sen necesidade de incripción previa.




As compañeiras de Vigo de O Parto é Noso faràn unha das súas reunións aquí na nosa comarca, coa colaboración da Asociación Chuchamel.
A reunión estará focalizada a "Un parto respetuoso", mais falaremos do embarazo, parto, puerperio e aleitamento e crianza. Ademáis tamén faremos fincapé nos nosos dereitos como mulleres e nos dos nosos fillos.
Á reunión serán benvidas as mulleres embarazadas cos seus acompañantes para consultar dúbidas, as que son nais para que compartan as súas experiencias e todas aquelas persoas que estén interesadas ou queiran ser nais. Pero o mais importante é reunirnos para apoiarnos e aprender xuntas.
Sería de moito agradecer que compartades esta información con todas aquelas persoas que poidan estar interesadas para obter unha maior difusión e que vós nos levedes a onde nós non chegamos.
Para máis información contactar con asociaciónlactanciachuchamel@gmail.com
Grazas a todas por facer isto posible.