venres, 15 de xaneiro de 2016

Claves para un parto respetuoso


Para o mes vindeiro temos programada unha reunión conxunta con "El Parto es Nuestro", asociación que traballa para mellorar as condicións de atención a nais e fillos durante o embarazo, parto e posparto en España.
Data: Venres 12 de febreiro
Hora: 17:30 h.
Lugar: Auditorio Municipal de Cangas.
Entrada: libre, sen necesidade de incripción previa.




As compañeiras de Vigo de O Parto é Noso faràn unha das súas reunións aquí na nosa comarca, coa colaboración da Asociación Chuchamel.
A reunión estará focalizada a "Un parto respetuoso", mais falaremos do embarazo, parto, puerperio e aleitamento e crianza. Ademáis tamén faremos fincapé nos nosos dereitos como mulleres e nos dos nosos fillos.
Á reunión serán benvidas as mulleres embarazadas cos seus acompañantes para consultar dúbidas, as que son nais para que compartan as súas experiencias e todas aquelas persoas que estén interesadas ou queiran ser nais. Pero o mais importante é reunirnos para apoiarnos e aprender xuntas.
Sería de moito agradecer que compartades esta información con todas aquelas persoas que poidan estar interesadas para obter unha maior difusión e que vós nos levedes a onde nós non chegamos.
Para máis información contactar con asociaciónlactanciachuchamel@gmail.com
Grazas a todas por facer isto posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario