Dende Chuchamel este ano puxémonos máns á obra e nos nosos obradoiros do terceiro venres de cada mes, participamos nun enguedellar común nais, pais e fillos. O resultado foi un fermosísimo belén que presentamos ao mundo apostando polo concurso anual de beléns de Afundación, en Vigo.
Aquí podedes ver as fotos do resultado. Foron dúas tardes de pintura, masa e papeis de cores en familia. Experimentar, coñecer o mundo e relacionarnos con el; sen dúbida xa gañamos o mellor dos premios.
A exposición onde podedes ver todos os beléns comeza o 11 de decembro do 2015 e remata o 6 de xaneiro do 2016, en Vigo, no lateral do Teatro Afundación, antigo Caixanova na rúa Reconquista. Merece a pena achegarse en familia.
Araceli Bernárdez Gato
Responsable dos obradoiros de arte Chuchamel
Ningún comentario:
Publicar un comentario