mércores, 8 de agosto de 2012

Tetada e moito maissssss
E un pracer para chuchamel invitarvos nesta ocasión a participar nunha tetada pública que terá lugar o vindeiro Domingo día 12.
Como moitos de vos sabedes, en Chuchamel decidimos que queriamos levar a teta a rúa, e poñer o noso granciño de area para axudar a que ó acto e de aleitar ós nosos fillos, grandes e pequenos, se normalice na sociedade actual.


Escola Infantil do Hio


Para isto, decidimos, levar a exposición "pel con pel " á rúa, facer unha especie de "flash mob" de fotografías, sen previo aviso nin convocatoria, levamos percorridos diferentes sitios do Morrazo, creando un verdadeiro impacto na xente da rúa, que quedaron realmente abraiados, e houbo reaccións de tódolos tipos.


Para culminar o noso propósito, queremos expoñer esta magnifica colección de fotografías en Cangas, para ó que temos previsto unha serie de actos e actividades programadas, que seguro serán do agrado de todos vos:


11:00h: Lectura de poemas, do libro pel con pel, ou de particulares se os houbera.


11:30h: Taller de ritmo e percusión para todos os públicos. O bosque de Beni

12:00h: Xogos para pais e nenos. Asociación Púrpura
12:30h: Conta contos coa colaboración da cadeliña Dharma (alma canina)

13:00h: Tetada pública e lectura de manifestos


Estamos a preparar este evento con moitisima ilusión, e gustaríanos que viñerades a compartir este día con nos.
Por outro lado, gustaríanos tamén que nos trouxerades as vosas fotografías de lactancia que queirades compartir co resto do mundo, pois teremos un espazo para colgar todas as vosas fotos.
O lugar, será na praza da palma, fronte ó concello de Cangas.
Vémonos alí!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario